Portas abertas na Ruta do Viño de Monterrei, os días 30 e 31 de maio

Portas abertas na Ruta do Viño de Monterrei, os días 30 e 31 de maio

A Ruta do Viño de Monterrei organiza as súas cuartas xornadas de portas abertas, encadradas nas rutas do viño de Galicia, os días 30 e 31 de maio

O sábado 30 e o domingo 31 de maio, a Ruta do Viño de Monterrei monta a cuarta edición das súas xornadas de portas abertas, ocasión para coñecer mellor os viños e as terras do sueste galego.

Degustacións, actividades en adegas, rutas a cabalo, visitas a castros en Cualedro e lugares con encanto da zona, lagares rupestres, cicloturismo, concerto e túnel do viño no Claustro dos Mercedarios de Verín, ofertas especiais para aloxamento e comidas… son algunhas das accións planificadas.

O sábado 30 haberá dous viñobuses Monterrei de balde que sairán de Ourense, con paradas en Allariz, Xinzo e Verín; e de Vidago, con paradas en Chaves e Verín.

A Axencia de Turismo de Galicia é quen está detrás desta iniciativa.

Máis información no teléfono 988 590 007 ou no correo info(arroba)domonterrei.com

vino-gallego-vino monterrei

Comparte...