A Ruta do Viño Rías Baixas organiza unha ruta de enoturismo en kaiak

A Ruta do Viño Rías Baixas organiza unha ruta de enoturismo en kaiak

A Ruta do Viño Rías Baixas segue a apostar polo enoturismo sumando viño e gastronomía e organiza para o domingo 27 de xullo unha ruta en kaiak polo Río Umia, dende o Club Náutico O Muíño e chegada ata Pontearnelas, en todo momento con presenza de monitores. Na meta, haberá unha visita á adega Lagar de Pintos e degustación de viños con pinchos.

A acción conta con ata 25 prazas dispoñibles, que precisan inscrición, e un prezo de 12 euros por persoa. Todos os participantes deberán levar roupa deportiva e ter claro que lles tocará mollarse…

Itinerario:

9:30h Recepcion no Club Nautico O Muiño (Pontearnelas)

10.00h Saída desde Vilanoviña

Baixada polo Rio Umia

12:30: Chegada a Pontearnelas

13:00h: Visita á Bodega Lagar de Pintos + viño + petisco

Numero máximo: 25 prazas

Dificultade: Media-baixa

Prezo: 12 €

Roupa deportiva e calzado que se poida mollar (escarpíns, chanclas)

Información e inscricións en 986 091 088 – 687 523 230 ou a través de info@rutadelvinoriasbaixas.com

Comparte...