A Ruta do Viño Rías Baixas conta con 22 establecementos asociados coa distinción SICTED de Calidade Turística

A Ruta do Viño Rías Baixas conta con 22 establecementos asociados coa distinción SICTED de Calidade Turística

Ruta do Viño Rías Baixas conta cun total de 22 establecementos asociados que renovaron a súa distinción SICTED. Trátase dun selo de compromiso de Calidade Turística promovido pola Secretaría de Estado de Turismo e que contribúe a garantir unha excelencia tanto nas instalacións como no trato e servizos ofertados aos visitantes. Desde a asociación sen ánimo de lucro animan ao resto de asociados a seguir traballando na línea da excelencia turística e a buscar a incorporación dos seus respectivos negocios neste tipo de selos de calidade.

En total son 12 adegas, 5 hoteis, 4 museos e centros de interese turístico visitable e unha empresa de transporte turístico os asociados da Ruta do Viño Rías Baixas que contan coa distinción SICTED. Máis concretamente, as adegas serían Don Olegario, Eidos, Gil Armada, La Val, Lagar de Fornelos, Marqués de Vizhoja, Martín Códax, Paco & Lola, Palacio de Fefiñanes, Pazo de Señoráns, Señorío de Rubiós e Terras Gauda. Nas categorías de aloxamentos rurais e hoteis e apartamentos turísticos encóntranse Torre do Río, Talaso Hotel Louxo La Toja, Augusta Spa Resort, Carlos I Silgar e Nanin Playa. As seccións de museos e centros de interese turístico visitable inclúen ao Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea de Arbo ‘ARABO’ e ao Museo de Cambados, ademais de Pazo de Rubianes e Pazo Quinteiro da Cruz. Conclúe o listado de distincións SICTED de asociados á Ruta do Viño Rías Baixas Mares do Grove, dentro da categoría de empresa de transporte turístico.

Catro dos asociados anteriormente mencionados–Adega Eidos e os hoteis Augusta Spa Resort, Carlos I Silgar e Nanin Playa- recibiron as súas correspondentes renovacións de ditos certificados nun acto en Sanxenxo no que se entregaron os selos SICTED ás empresas e servizos localizados neste destino turístico.

Ademais dos establecementos mencionados con anterioridade, cabe sumar os puntos de información turística localizados tamén en territorio da Ruta do Viño Rías Baixas e que contan coa distinción SICTED. Estas son as oficinas de información de Turismo Rías Baixas en Pontevedra e Armenteira, ademais dos puntos de atención a visitantes en Sanxenxo, Portonovo, Cambados e O Grove.

Q de Calidade Turística e selo Lecer de Galicia Calidade

Os certificados de excelencia turística entre os asociados da Ruta do Viño Rías Baixas compleméntanse cos selos de Q de Calidade Turística que manteñen en 2016 una vintena de asociados. Este certificado de calidade turística supón un plus na atención e os servizos prestados aos visitantes. Máis da metade dos asociados incluídos neste listado son adegas, cun total de 12 (Don Olegario, Eidos, Granbazán, Palacio de Fefiñanes, Pazo de Señoráns, Zárate, Señorío de Rubiós, Marqués de Vizhoja, Martín Códax e Terras Gauda), ás que se suman 6 aloxamentos (Augusta Spa Resort, o Hotel Carlos I Silgar, Louxo La Toja, Nanin, o Parador de Cambados e a casa de turismo rural Torre do Río), ademais de 3 oficinas de información turística (Pontevedra, Armenteira e Sanxenxo).

Por outra parte, o selo Lecer de Galicia Calidade conta tamén entre os seus 38 establecementos certificados con 3 asociados da Ruta do Viño Rías Baixas. Estos son os hoteis Augusta Spa Resort, Louxo La Toja e Nanín Playa.

Comparte...