Porta da Bahía

A Ruta do Viño Rías Baixas incorpora novos socios en Cambados

A bodega Lagar da Cachada e 1730 Tienda Bodega Finca de Maza súmanse a este proxecto enoturístico

A Ruta do Viño Rías Baixas, incluída no Club de Producto das Rutas del Vino de España, acaba de incorporar dous novos asociados: 1730 Tienda Bodega Finca de Maza y la bodega Lagar da Cachada.

Ambas empresas atópanse no municipio de Cambados, na subzona de Val do Salnés, que concentra un gran número de establecementos adheridos a este proxecto enoturístico.

Ademais, o presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, amósase satisfeito “por seguir engrosando noso listado de socios, xa que son eles os que garantizan unha maior diversificación e oferta de servicios para os nosos visitantes”.

Asimismo, lembra que tanto 1730 Tienda Bodega Finca de Maza como a bodega Lagar de Cachada “tiveron que superar unha auditoría para poder formar parte do listado de socios e que garantiza que os servicios que ofrecen aos visitantes sexan da máis alta calidade”.

Novos asociados

1730 Tienda Bodega Finca de Maza é un lugar de encontro entre amantes do viño Albariño Rías Baixas e da arte galega.

Situada na Praza de Fefiñáns, no corazón de Cambados, o cliente pode disfrutar duhna copa de viño da marca Porta da Bahía mentres contempla cadros e esculturas de distintos artistas galegos. Fundada en 1730, polo seu establecemento pasaron obras de Castelao, José Milares ou Manolo Paz.

Pola súa parte, a bodega Lagar de Cachada é unha empresa familiar situada no Val do Salnés, concretamente no lugar de Vilariño (Cambados).

Fundada por Ricardo Abal Padín no ano 2000 e amparada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, leva varios anos apostando polo enoturismo e crecendo en número de visitantes.

Cabe destacar, que nas visitas o enoturista pode disfrutar de todo o proceso de elaboración dos seus viños e, finalizar cunha degustación acompañada de conservas galegas da máxima calidade.

Comparte...