As adegas da Ruta do Viño Rías Baixas recibiron unha media de 1.572 visitantes no 2015

As adegas da Ruta do Viño Rías Baixas recibiron unha media de 1.572 visitantes no 2015

As adegas asociadas da Ruta do Viño Rías Baixas recibiron unha media de 1.572 visitantes cada unha en 2015

As adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas recibiron 83.287 persoas durante 2015. Esta cifra supón o 93,9% das visitas totais rexistradas neste itinerario enoturístico, que o pasado ano alcanzou un novo récord con 88.679 visitantes.

De acordo cos rexistros proporcionados polos propios socios, a media de visitantes por adega ascende a un total de 1.572 persoas. A empresa vitivinícola con maior afluencia de turistas está localizada na subzona de Val do Salnés e acumulou un total de 15.006 visitas.

A subzona do Val do Salnés, cuxa oferta enoturística inclúe 36 adegas, é a que contou en 2015 con maior número de turistas, aglutinando algo máis do 90% do rexistro total. Neste caso, a media de visitante por adega é de 2.113 persoas.

Séguelle O Rosal, onde se rexistraron 4.925 asistentes durante o pasado ano nas 6 adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas. A media de participantes en percorridos guiados nesta subzona ascende a 704 e a adega máis visitada acaparou 1.945 persoas.

En terceiro lugar atópase Condado do Tea, con 8 adegas socias, onde o rexistro de visitas ascendeu a 1.946 durante 2015. A media de visitantes por adega é de 243 persoas, mentres que a adega máis visitada rexistrou 601.

Pecha a listaxe a subzona de Ribeira do Ulla, onde as dúas adegas asociadas recibiron a 333 visitantes. Neste caso, a media de turistas por adega é de 166 e a adega máis visitada acumulou en 2015 un total de 230 persoas.

Comparte...