Ruxe Ruxe e Bocarte no Mercado de Sabores de Mahou en Madrid

Ruxe Ruxe e Bocarte no Mercado de Sabores de Mahou en Madrid

Os chefs dos restaurantes vigueses Ruxe Ruxe e Bocarte, Gerson Igrexas Fernández e Carlos Barreira García, realizaron unha demostración en directo da súa cociña no Mercado de Sabores de Mahou, celebrado este fin de semana na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles en Madrid. Para a ocasión, escolleron o prato “Xurelo como á brasa con pan de millo” e transformáronos co seu toque persoal. Na xornada participaron tamén vinte dos mellores expoñentes da cociña madrileña.

Os cociñeiros galegos foron os gañadores da pasada edición de Mercado de Sabores celebrada en Vigo coa súa tapa “Xarda á chama, kimchi e tapioca mariñeira”.

Mercado de Sabores é unha iniciativa, promovida por Mahou co dobre obxectivo de achegar a máis alta gastronomía a todo o público e o de apoiar e impulsar a hostalería ofrecendo experiencias únicas e de calidade.

Comparte...