Salimat Abanca espera superar os números da pasada edición reunindo a compradores de 15 países

Salimat Abanca espera superar os números da pasada edición reunindo a compradores de 15 países

O Salón de Alimentación Atlántico, Salimat  Abanca, que se celebrará entre o 7 e o 10 de xuño en Silleda, pretende a súa capacidade comercial incluíndo máis países e compradores na que é xa a súa 22ª edición. Esta feira, que busca estimular a interacción e o negocio na industria alimentaria serve para conectar a produtores e compradores nun mesmo espazo, ademais de propoñer outras actividades para o público en xeral.

Salimat volverá contar na súa edición 2018 co programa Encontros Internacionais de Compradores, para potenciar as relacións entre as empresas e os compradores tanto españois como de distintos países. En total o foro contará con 27 compradores (18 internacionais e 9 nacionais como El Corte Inglés ou Carrefour). Por primeira vez o Salón Alimentario Atlántico contará con representantes de importadores de Emiratos Árabes e Casaquistán, que se unen á lista de 15  compradores internacionais. Entre os expositores atópanse empresas especializadas en produtos gourmet, cadeas de restaurantes ou tendas de produtos galegos.

Os Encontros Internacionais son un dos principais elementos dos dous primeiros días do Salón, que están dirixidos a profesionais  do sector. Os días do fin de semana en cambio, son para que o público en xeral poida achegarse ata o recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda) para coñecer máis de preto a gastronomía galega.  Ademais, na xornada do mércores 6 de xuño, previa ao comezo de  Salimat, os compradores participarán nunha visita para coñecer algunhas empresas galegas pertencentes ao sector da alimentación.

Os Encontros son un dos puntos forte de Salimat  Abanca, que completa o seu programa con diversas actividades ao redor da gastronomía como  showcookings, encontros de  gastrobloggers, catas, degustacións, presentacións…

Comparte...