CHEGA O VIII SALÓN DOS VIÑOS E AUGARDENTES DE GALICIA

CHEGA O VIII SALÓN DOS VIÑOS E AUGARDENTES DE GALICIA

O VIII Salón dos viños e augardentes de Galicia celébrase o mércores 5 e o xoves 6 de decembro na Coruña, no recinto Expocoruña. Un ano máis, o seu obxectivo será a divulgación da calidade dos produtos galegos e coincidirá coa Feira anual de Autónomos.

O seu horario é de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Os convites pódense descargar de modo gratuíto na plataforma www.feaga.org ou www.servino.net , ou ben solicitándoo a info(arroba)servino.net

A VII edición contou con máis de 80.000 visitantes e para esta repartíronse un millón de convites.

O recinto acollerá, o venres 7 de decembro e dende as 11:00 horas, unha cata comentada dos viños da D.O. Ribeira Sacra. Na mesma xornada haberá unha cata cos produtos amparados por Orujo de Galicia.

Comparte...