Os salóns do restaurante Manso acollen una exposición de punturas de Masiá

Os salóns do restaurante Manso acollen una exposición de punturas de Masiá

O restaurante Manso de Santiago de Compostela se alía coa cultura local da cidade: desde onte pode contemplarse nos seus salóns unha selección de obras do reputado artista santiagués Rafael Romero Masiá. Así, os clientes do local do chef Alberto Lareo poderán gozar das pezas do pintor mentres degustan as súas creacións.

Segundo a directiva do Manso, a iniciativa responde “á inquietude tanto de Lareo como do equipo por todo o que signifique creatividade, trasladando a todos os que decidan visitarnos, mentres dure esta colaboración, a fantástica visión do mundo deste gran profesional”.

Masía, tamén de Santiago, conseguiu ao longo da súa ampla traxectoria numerosos recoñecementos ao seu traballo, ademais de estar presente en destacadas feiras e exposicións. Licenciado en Belas Artes pola Facultade Santa Isabel de Hungría de Sevilla e en gravado e pintura pola Facultade de Belas Artes Pietro Vannucci de Perugia, o pintor é na actualidade docente na Escola de Arte da súa cidade.

A proposta gastronómica de Manso Restaurante

Na cociña do Manso conviven o tradicional e o vangardista, fusionándose a partes iguais. Coa mesma profesionalidade e mimo realízase un prato clásico do receitario galego ou se tenta aplicar o último en canto a técnica e tendencias gastronómicas. A carta varía, ademais, dependendo da estación do ano, pois un dos alicerces fundamentais das creacións do chef Alberto Lareo é o produto de tempada.

Comparte...