Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa

Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa

A Denominación de Orixe do Queixo San Simón da Costa celebrará a súa Festa, en Vilalba, os días 6 e 7 de abril; pero, como anticipo, chega o seu VI Concurso de Tapas do 21 ao 31 de marzo.

Un total de 43 establecementos de Vilalba prepararán as súas tapas con queixo San Simón da Costa, en 2 categorías diferentes: creativa (4) e tradicional (39).

A tapa tradicional terá un prezo de 1 euro, e a creativa de 2 euros.

Comparte...