“Sangre de toro” e “Xosé Antón”, mazás galegas preferidas polos catadores

“Sangre de toro” e “Xosé Antón”, mazás galegas preferidas polos catadores

Una cata realizada en Abegondo puso de relieve la calidad de las variedades autóctonas frente a las de tipo comercial

Catar a cegas seis variedades autóctonas de mazás e comparalas con outras seis variedades seleccionadas, de tipo comercial, levou ata Abengono a máis de vinte fruticultores da zona, así como a Beatriz Sotelo, cociñeira de A Estación, e a BenBo.

O obxectivo da cata, organizada por Francisco Otero, xefe de área dos servizos agrarios da Xunta na zona de Carballo, era dobre. Por un lado coñecer a valoración que facían os participantes das doce variedades de mazá unha vez catadas as mesmas e, por outro, estimular aos fruticultores a reflexionar sobre a conveniencia de incluír nos seus cultivos variedades, autóctonas ou seleccionadas, que non están presentes no mercado.

Nos dous casos os catadores amosaron unha clara preferencia por dúas variedades de mazá, tanto cando se cataron as autóctonas como cando se fixo coas seleccionadas. En ambos casos as dúas variedades máis apreciadas tiveron puntuacións moi próximas mentres as outras catro variedades de cada grupo quedaban descolgadas.

No grupo de mazás autóctonas as mellor valoradas foron as denominadas “Sangre de toro” e “Xosé Antón”, quedando as restantes polo seguinte orde. “Pero Mingán”, “Morro de lebre”, “Encrobas verde” e “Cobacha” (tamén coñecida como “Cabocha”).

Polo que respecta ás variedades selecionadas, os catadores mostraron unha clara preferencia polas variedades “Story” e “Opal”, quedando clasificadas de seguido “Rubinete”, “Royal Gala”, “Chupete” e “Florina”.

Beatriz Sotelo mostrou predilección polas variedades autóctonas, que considerou con máis personalidade que as de tipo comercial, con excepción de Story e Opal, dúas variedades que xa son coñecidas pola cociñeira porque as emprega no seu restaurante.

As variedades autóctonas resultaron bastante diferentes entre si e mostraron unha definida personalidade propia, mentres que as catro variedades seleccionadas peor clasificadas axustábanse a un concepto comercial e homoxéneo de mazás. Pola contra, as variedades Story e Opal diferenciábanse claramente das mazás comúns no mercado. Opal presenta aromas e sabores moi marcados e moi bo equilibro entre acidez e dozura, cuestións nas que supera á Opal que, pola contra, ten un aspecto externo impoñente.

Comparte...