Santiago acollerá a primeira edición do Festival de Pulpeiras de Galicia

Santiago acollerá a primeira edición do Festival de Pulpeiras de Galicia

O último fin de semana de outubro terá lugar o 1º Festival de Pulpeiras de Galicia, que se celebrará en Santiago. Trátase dun festival que buscar poñer en valor o polbo, un dos produtos estrela da gastronomía galega, a través do seu pasado, o seu presente e o seu futuro

En total serán 16 as pulpeiras que participarán no evento que terá lugar o 27 e o 28 de outubro deste ano no Recinto Ferial de Amio, aproveitando que, por esas datas, as pulpeiras teñen unha menor actividade.

Pero o Festival vai máis aló do polvo e trae consigo, moitas outras actividades. Así, estarán tamén presentes outras empresas relacionadas co mundo das pulpeiras como comercializadores de polbo, portos, administracións, empresas produtoras de complementos para o polvo a feira como patacas, aceite, sal ou pimentón e tamén outros produtos típicos das festas galegas.

Como as pulpeiras adoitan estar nas festas e celebracións as actividades irán máis aló da gastronomía e buscarán recrear un ambiente festivo para desfrutar en familia da primeira edición deste evento. Así, o Festival contará con actividades de todo tipo máis aló da propia degustación de polbo, como showcookings, presentacións, mostras, artesanía, actuacións e mesmo xogos tradicionais e actividades para nenos, para convertelo nun evento apto para todos os públicos.

O acceso ó Recinto Ferial de Amio será gratuito para facilitar que o público se anime a asistir á primeira edición dun festival dedicado a un elemento clave da nosa gastronomía: o pulpo e, por suposto, as pulpeiras.

Comparte...