O novo Santiago(é)Tapas dá os seus primeiros pasos

O novo Santiago(é)Tapas dá os seus primeiros pasos

Santiago(é)Tapas, o certame gastronómico de petiscos da capital de Galicia, vivirá a súa oitava edición do 12 ao 29 de novembro

Santiago(é)tapas xa superou as 200.000 tapas vendidas nas sete edicións que se celebraron ata o momento, cunha media dunhas 30.000 tapas consumidas por ano.

A oitava será a primeira vez na que o Concello, a través de Turismo de Santiago, e o sector turístico, a través da Asociación Hostalería Compostela, organizan conxuntamente o evento gastronómico máis importante de Santiago, que neste tempo consolidouse como un referente fundamental para a promoción turística da gastronomía de Compostela. Así se anunciou nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

Santiago(é)tapas naceu no ano 2008 da man de Turismo de Santiago co obxectivo de converterse nun evento de referencia para a promoción gastronómica da cidade. Naquela primeira edición a Asociación Hostalería Compostela participou como colaboradora do evento, nunha fórmula que se seguiu no seguintes tres edicións.

No 2012, cando se celebrou a quinta edición de Santiago(é)tapas, a Asociación Hostalería Compostela encargouse de organizar directamente o concurso, contando con Turismo de Santiago como patrocinador institucional. Este modelo repetiuse durante o últimas tres edicións do evento.

Comparte...