Santiago Paixón, gastronomía na Semana Santa compostelá

Santiago Paixón, gastronomía na Semana Santa compostelá

A Asociación Hostelería Compostela, co apoio de Santiago Turismo -Incolsa, organiza a segunda edición de Santiago Paixón. Entre o 11 e o 21 de abril numerosos establecementos da cidade, polo de agora hai máis de 30 apuntados, ofrecerán menús coresmais a un prezo único de 18 euros, que incluirán dous primeiros pratos, dous segundos e máis sobremesas. Dende a organización aspírase a consolidar a cita.

Serán 40 premios diferentes, algúns tan rechamantes como participar dende dentro das procesións, os que servirán de incentivo para incentivar esta proposta gastronómica.

Santiago Paixón complementa a programación litúrxica e cultural da capital de Galicia durante a Semana Santa. O portal web www.semanasantasantiago.com servirá como punto de información.

Comparte...