Xa se coñecen os gañadores do concurso Santiago(é)Tapas 2015

Xa se coñecen os gañadores do concurso Santiago(é)Tapas 2015

O público premiou a Siro González, El Bocalino e Lusco & Fusco; mentres que o xurado decantouse por Ferro e A Curtidoría. Tamén levan galardón The Seafood Bar, Gaia e A Grella

O concurso de tapas da capital de Galicia Santiago(é)Tapas viviu a cerimonia de entrega dos premios da súa oitava edición, na que se superaron as 30.000 tapas vendidas.

O xurado designou como mellor tapa 2015 a “Pata de Vitela, Castañas e Mexillón de Galicia” de Ferro, e como petisco que mellor marida con cerveza Estrella Galicia a “Outono en Compostela”, de A Curtidoría.

Foi o público, cos seus votos, quen escolleu os vencedores nas outras categorías.

O primeiro premio do público recaíu en “Costela de cabra da Merced”, de Siro González, restaurante que abríu as súas portas hai ben pouco; o segundo premio do público foi para “Chupachús de poldro galego con semente de liño, patacas reixa e ameixas salvaxes”, de El Bocalino; e o terceiro premio do público levouno a “Torta de Queixo do Cebreiro con base de noces, mel e figos”. de Lusco & Fusco.

O premio (e)XCELENTE 2015, á mellor experiencia e servizo, acadouno The Seafood Bar; o premio do xurado á tapa que mellor marida con cervexa Estrella Galicia a “O Caínzo”, de Gaia; e o premio á tapa con + Chispa, promovido por Coca-Cola Iberian Partners, a “O carbón da Grella”, da Grella.

Na cerimonia tamén se mostraron as imaxes gañadoras dos concursos de fotografías organizados nas redes sociais do Santiago(é)Tapas.

Comparte...