Novidades no concurso gastronómico Santiago(é)Tapas

Novidades no concurso gastronómico Santiago(é)Tapas

Aínda non hai unha cifra definitiva de establecementos participantes neste concurso gastronómico de Santiago de Compostela, que dependerá da fase de preselección de petiscos, malia que dende a organización anticipan que superarán os 65 restaurantes e establecementos hostaleiros 

O certame Santiago(é)Tapas volverá dinamizar a gastronomía da capital de Galicia entre o 12 e o 29 de novembro, na súa oitava edición.Un xurado é o encargado de asegurar a calidade e máis a adecuación aos criterios do evento dos petiscos presentados na súa fase de preselección.

Numerosos establecementos se apuntaron por vez primeira á fase de selección, o que anticipa que moitos deles estrearanse no certame. Cada local pode presentar ata 3 creacións, que terán un prezo común de 2 euros.

Os clientes decidirán que petiscos son os seus preferidos votando cos pousavaos nas urnas situadas nos establecementos participantes e poderán aspirar a distintos premios selando o seu tapasporte, a pequena “biblia” do concurso. Unha versión “Express” do tapasporte está especialmente deseñada para os visitantes que permanecen menos tempo na cidade.

Ademais, a través das redes sociais, os internautas poderán optar a ser parte do xurado do concurso.

Pola súa banda, continúa aberto o período de inscrición ao Santiago(é)Noite, a oferta complementaria de hostalaría nocturna que ofrece creacións novidosas con prezos especiais aos que amosen o seu tapasporte.

O Santiago(é)Tapas é unha ocasión para percorrer cinco distintas (é)tapas pola cidade, propoñendo unha peregrinación moi particular pola mellor da gastronomía en miniatura na que sempre se descobren novos sabores e ambientes.

Na edición do 2014 do Santiago(é)Tapas servíronse un total de 31.000 petiscos a 2 euros. Esta cifra coloca nas 203.000 as tapas consumidas nos sete anos previos do certame.

O Santiago(é)Tapas presentarase no vagón comedor do Alvia que efectúa o percorrido Madrid-Compostela o día 10 de novembro en Madrid, no que se degustarán petiscos. Será unha nova oportunidade para divulgar a oferta gastronómica santiaguesa.

Esta presentación será conxunta co festival de cine Cineuropa, as dúas citas que coinciden en novembro en Compostela afondan na súa colaboración e promociónanse baixo a denominación Tapas do Cine.

Ademais, e dentro dun acordo de colaboración con Renfe, Santiago(é)Tapas, os visitantes que se acheguen a Compostela en Alvia – Larga Distancia por mor do evento poderán gozar dun desconto dun 30% no prezo dos seus billetes entre os días 17 e 25 de novembro.

Santiago(é)Tapas está coorganizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela. Conta co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Cash Record, Estrella Galicia e Coca Cola. 

Comparte...