Balance de Santiago(é)Tapas 2015, Camiño das Burbullas e Compostela Gastronómica

Balance de Santiago(é)Tapas 2015, Camiño das Burbullas e Compostela Gastronómica

O concurso de tapas superou os 30.000 tapas vendidas. A rolda de prensa tamén serviu para presentar a edición de nadal de Compostela Gastronómica, que se vivirá do 19 de decembro ao 5 de xaneiro, con obradoiros gastronómicos que se celebrarán na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos e a degustación de viños escumosos galegos “Camiño das Burbullas”

A oitava edición de Santiago(é)Tapas fixo públicos os seus datos na súa oitava edición, máis de 31.000 tapas foron consumidas neste concurso de referencia en Galicia que contou con 69 establecementos participantes. Trátase dunha cifra semellante ás anteriores e Santiago(é)tapas achégase deste xetio ao cuarto de millón de tapas vendidas na súa andaina.

As tapas gañadoras do Concurso coñeceranse nunha gala que se celebrará o 14 de decembro no Teatro Principal compostelán.

Pola súa banda, Compostela Gastronómica, edición especial Nadal, que se celebrará entre o 19 de decembro e o 5 de xaneiro. Trátase dun evento que continuará promocionando a cidade como destino gastronómico tamén na época de Nadal, cun programa aberto á participación de todos os públicos.

As actividades centrais de Compostela Gastronómica serán os obradoiros de cociña para todos os públicos, que se celebrarán na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos. Haberá dez obradoiros para todos os públicos, con contidos que van dende unha degustación de escumosos e castañas de Galicia ata unha xornada adicada ás recetas de Nadal de Álvaro Cunqueiro. A Aula Gastronómica tamén acollerá nove obradoiros infantís.

Na nova edición do “Camiño das Burbullas. Ruta dos Escumosos Galegos” toman parte 19 establecementos do 1 de decembro ao 5 de xaneiro.

En concreto son: A Horta D’Obradoiro, A Casa da Viña, A Curtidoría, A Nave de Vidán, Artesana GastroBar, Bodeguilla de San Láxaro, Bodeguilla de San Roque, Bodeguilla de Santa Marta, Castelao Bar Tapería, Garum Bistró, Arco de Mazarelos, La Casa de la Marquesa, La Cavita, O Celme do Caracol, Reno, O Ferro, The Burguer Lobby, The Seafood Bar e Brasería a Grella.

Os 18 viños escumosos galegos que se poderán degustar son: Mar de Frades Brut Nature, Avó Marcelo, Feitizo da Noite, Eidosela Burbujas del Atlántico Brut Nature, Eidosela Burbujas del Atlántico Extra Brut, Eidosela Burbujas del Atlántico Brut, Etra Burbujas del Atlántico, Brinde de Rosas, Chris Vino Espumoso Brut, Sensem Laxas, Alba Martín, Danza, Señorío de Rubiós Condado do Tea Blanco Brut, Señoria de Rubiós Condado do Tea Brut Nature, Nande Tinto, Burbujas de Baladiña, Lua Jazz Brut Galicia e Espumoso Altos de Torona.

Comparte...