Sarah Jane Evans, Master of Wine, dá o pistoletazo de saída á Feira do Viño do Rosal

Sarah Jane Evans, Master of Wine, dá o pistoletazo de saída á Feira do Viño do Rosal

Do 13 ao 15 de xullo O Rosal celebra o seu xa tradicional Feira do Viño, que cumpre o seu vixésimo sexta edición. Sarah Jane Evans, vicepresidenta do Institute of Masters of Wine será a pregoeira de excepción desta edición, que parece poñer o foco na penetración noutros mercados da man dunha embaixadora de prestixio internacional.

Nesta ocasión serán nove casetas, de nove adegas, as que protagonizarán a feira desta subzona da D.O. Rías Baixas. O recinto está situado na Praza do Calvario do Rosal e estará aberto de 20:00 a 2:00 horas o venres, de 11:00 a 15:30 horas e de 18:00 a 2:00 horas o sábado, e de 11:00 a 15:30 horas e de 18:30 a 24:00 horas o domingo.

Sarah Jane Evans, apaixonada dos viños galegos, foi a encargada de liderar a cata do mediodía de hoxe, que tivo lugar no local da Liga dos Amigos da localidade. Completará este programa un obradoiro de cociña para nenos entre 5 e 12 anos, que se desenvolverá este sábado ás 12:00 horas, e un showcooking a cargo da Escola de Hostalería do Baixo Miño, que se celebrará tamén o sábado, ás 20:00 horas, diante do Concello do Rosal.

Ademais, como todos os anos haberá servizo de autobuses desde diferentes puntos da comarca.

 

Comparte...