A conselleira Rosa Quintana salientou a innovación e os datos do sector conserveiro galego

A conselleira Rosa Quintana salientou a innovación e os datos do sector conserveiro galego

O III Simposio Aplicación da Industria 4.0 no sector Agro-Mar-Alimentario, organizado pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados, Anfaco-Cecopesca foi unha cita no que o sector conserveiro galego fixo balance

Neste evento celebrado en Vigo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana quixo salientar “o afán emprendedor e innovador desta asociación, que permitiu que este sector en permanente crecemento e expansión ampliase o seu mercado exterior dun modo notable nas últimas décadas”.

Seguindo este fío, rememorou que no 2015 a produción de conservas de peixes e mariscos de España foi de preto de 346.000 toneladas cun valor económico de máis de 1.500 millóns de euros e subliñou que delas en Galicia se elaborou o 86%. Ademais engadiu que as exportacións de preparados e conservas subiron en Galicia preto dun 9% e en España, máis un 6%.

Esta liña continúa no que levamos de 2016, xa que as exportacións españolas de conservas, semiconservas e preparados de peixes e mariscos medraron un 15% en volume e un 13% en valor económico en relación ao mesmo período de 2015.

Porén, Quintana alertou de que para elevaren o grao de competitividade e continuar liderando o mercado: “é imprescindible permanecer en garda e esforzarnos en mellorar a eficiencia”. Isto, advertiu, tendo en conta que nos movemos nun contexto de mercado globalizado no que algúns axentes actúan con determinadas vantaxes respecto a Estados comunitarios.

Comparte...