Semana Gastronómica da Lamprea Seca

Semana Gastronómica da Lamprea Seca

Ata o 17 de agosto Arbo celebra a Semana Gastronómica da Lamprea Seca, con menús compostos por empanada de lamprea, lamprea rechea con salpicón, lamprea asada ou frita e lamprea con fideos. De sobremesa requeixo con mel. O custe do menú é de 30 euros (bebidas aparte) ou de 25 quitando do mesmo a lamprea asada ou frita. Todos os pratos son elaborados con lamprea afumada.

No número 2 de BenBo dedicamos un amplo reportaxe á lamprea afumada, incluíndo as receitas dos pratos que compoñen o menú desta semana gastronómica e un apartado especial dedicado á lamprea rechea, tradicional da zona, pero que agora está dispoñible en toda Galicia grazas ao traballo de Obrador de Lamprea, a primeira empresa dedicada á súa produción, dirixida por Begona Pérez, cunha ampla experiencia na elaboración de lamprea afumada e rechea no restaurante A Mezquita.

A lamprea rechea é un manxar moi apreciado por quén o coñece e que actualmente está en expansión grazas ao traballo de Begoña, que traballa exclusivamente con lampreas do Miño, afumadas no seu xusto punto e coas técnicas máis modernas, como o emprego de filtros de pirenos que evitan posibles efectos nocivos do fume.

O proceso de elaboración da lamprea rechea foi documentado por Miguel Riopa para o número 2 de BenBo cunha serie de fotografías que o detallan esplendidamente e que agora ofrecemos a través da nosa conta de Pinterest.

Sigue el tablero Lamprea ahumada y rellena de Revista en Pinterest.

Comparte...