Nova sesión formativa do C.R de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Nova sesión formativa do C.R de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Nova sesión formativa do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra

O Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia continuou esta mañá seu programa de formación cunha sesión no Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza, en Pontevedra.

A enóloga Sonia Otero foi a encargada de impartir unha charla e cata comentada a un total de 25 alumnos do segundo curso do Ciclo Medio de Servicios e do primeiro curso do Ciclo Superior de Servizos, dirixidos polo profesor Pedro Sestayo.

A sesión dividiuse en dúas partes: teórica e práctica. Na primeira, Otero falou sobre as diferentes funcións do Consello Regulador e características das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Tamén se detiveron  nos diferentes métodos de destilación de bagazo de uva.

No segundo tramo da actividade, os asistentes puideron degustar ata 3 augardentes amparados polo Oruxo de Galicia con base de uva albariño, mencía e godello.

No primeiro caso, os estudiantes puideron apreciar as diferencias entre degustar unha augardente en vaso de chupito e nun vaso para catar augardente.

Así, Otero recordou aos alumnos a importancia de que, ademais de que o destilado esté etiquetado, deberase coidar seu servicio botandoo nunha copa adecuada e a unha temperatura correcta.

A sesión continuou coa degustación de outros produtos amparados como a Augardente de Herbas de Galicia, o Licor de Herbas de Galicia e o Licor Café de Galicia.

A aprendizaxe

Os alumnos amosáronse interesados en saber as tendencias do mercado en canto aos destilados galegos con selo de calidade.

Con estas sesións formativas, o Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia inicia este ano seu programa de divulgación e formación.

Os seus obxectivos son dar a coñecer os productos aos futuros profesionales, así como concienciar sobre a importancia de consumir destilados debidamente etiquetados. 

Comparte...