Showcookings e música para acompañar ao Pan de Cea na súa festa

Showcookings e música para acompañar ao Pan de Cea na súa festa

O Concello de Cea celebra a súa cita anual coa Festa de Exaltación do Pan de Cea, o sábado 4 e domingo 5 de xullo, cun programa de actividades co que atraer a veciños e visitantes até o Campo da Saleta, onde a previsión da organización é que se repartan preto de 1500 pezas de pan, que se venderán a 2,50 euros por unidade entre as máis de 10.000 persoas que se espera asistan á celebración, considerada de Festa de Interese Turístico.

Aínda que a xornada grande é a do domingo, na que non faltarán nin a habitual degustación de produtos con denominación de orixe galega nin a amenización musical, para o sábado programáronse tres showcooking, un para os máis pequenos ás 17h e dúas a cargo de Emma Pinal, ás 18h e ás 19.45h, todos eles de carácter gratuíto aínda que é necesaria a inscrición previa xa que o aforamento está limitado a 25 persoas. Paralelamente os visitantes tamén poderán participar nunha ruta gastronómica, a Ruta dos Fornos, polos antigos fornos de pan. O percorrido comezará ás 19h e percorrerá cuatrho fornos, Lodairo, da Parapeta, do Santo e do Abade. En cada un deles poderán degustar, ademais, un viño e un petisco. A xornada do sábado pecharase cun concerto de jazz a cargo de David Regueiro Swingtet, a partir das 22,30h na Praza Maior.

Como novidade este ano a organización dispuxo de dous servizos de autobús, un desde Ourense e outro desde Carballiño, para facilitar a asistencia do público para as actividades que se programaron para a xornada do sábado.

O prezo do menú na Carballeira da Saleta do domingo será de 20 euros mentres que, xa pola tarde, pecharase a celebración cunha degustación gratuíta de mexillóns con IXP Pan de Cea, a partir das 20,15h e con amenización a cargo dunha orquestra.

Comparte...