Showrocking co-cooking PortAmérica: programación gastronómica por días

Showrocking co-cooking PortAmérica: programación gastronómica por días

Xa coñecemos o programa de presentación do showcooking dos 12 cociñeiros internacionais con 8 Estrelas Michelin e a ampla representación galega que, baixo a coordinación de Pepe Solla, darán mañá o pistoletazo de saída á parte gastronómica do Festival PortAmérica ata o sábado. 24 estudantes de Hostalaría participan tamén nesta iniciativa para aprender e botar unha man a algúns dos mellores profesionais do sector. En concreto esta edición haberá representación da Escola de Vilamarín de Ourense, a Escola Carlos Oroza de Pontevedra e a Escola Manuel Antonio de Vigo.

Os pinchos, que se poderán degustar a un prezo de 2 € a unidade, serviranse a partir das 19.00 h. e ata fin de existencias.

Pinchos por días

Xoves 17

  • Lucía Freitas (A Tafona, Santiago): Bonito de Burela, tomate e anacardio e un Ravioli de boi de mar.
  • Estanis Carenzo (Chifa, Arxentina): Bocata de lingua con vinagreta chinesa e unha Empanadilla frita de polo con cuilacoche e chile fermentado.
  • Beatriz Sotelo (A Estación, Cambre): Empanada tradicional e unha Ensalada de lumbrigante con cítricos.
  • Héctor López (España, Lugo): Tataky de tenreira loura galega con pesto de San Simón e unha Sardiña de San Juan.

Venres 18

  • Diego López (A Muiñeira, Lalín): Sope de cocido de Lalín e un Tomate negro, salgaduras e mentolados.
  • Roberto Ruiz (Punto MX, México): Sope de cochinita e un Sope de feixón e tomatillo verde.
  • Alberto González (Silabario, Tui): Ensalada rusa rusa 2.011 e unha Lura grande de verán, aliño oriental e moega.
  • Javier Olleros (Culler de Pau, ou Grove): Conservas en vinagre con tomate aliñado e pescado lañado e un Xugo vexetal: mar e horta.

Sábado 19

  • Iago Pazos (Abastos 2.0, Santiago): Mexillón & Roll e Froitas 2.0
  • Mario Castrellón (Fume/Maito, Panamá): Carimañola de polbo-pana galego e un Chipirrón.
  • Yayo Daporta (Avó Daporta, Cambados): Bocata de lura e panceta e unha Tosta de polbo.
  • Xosé Cannas (Camiño dá Serpe, Poio): Nabo-tetilla e un Melón picante e graxo.

Máis información: www.festival.portamerica.es

Comparte...