Sidra Ribela estivo presente The Festival 2016, en Kentucky

Sidra Ribela estivo presente The Festival 2016, en Kentucky

Sidra Ribela é unha firma orixinaria da Estrada que aposta por unha sidra galega de calidade e está impulsada por Jesús Armenteros

A firma galega de sidra Sidra Ribela, co seu impulsor Jesús Armenteros, estivo presente no evento cervexeiro The Festival 2016, que se celebrou na localidade estadounidense de Louisville, capital de Kentucky, os pasados 28 e 29 de outubro.

Sidra Ribela amosou na cita a súa gama de produtos coa súa sidra clásica edición 2015, cunha grande presenza da variedade autóctona Rabiosa; Artesá; Bágoas na choiva; e Besta, unha sidra lupulada.

Ademais de sidras, en The Festival reuníronse marcas de cervexa artesás ou hidromel.

É a cuarta ocasión anual consecutiva na que Sidra Ribela, da Estrada, acode a The Festival. A cita está montada pola firma de distribución de bebidas Shelton Brothers. En anos previos celebrouse en Portland (Maine), Los Angeles (California), e St. Petersburg (Florida).

Informa Sidra Ribela de que están a preparar un plan estratéxico de crecemento.

Comparte...