O albariño Sin Palabras, prata no concurso de Mellores Viños Españois en Asia

O albariño Sin Palabras, prata no concurso de Mellores Viños Españois en Asia

O albariño Sin Palabras da anada 2011 (Bodega Castro Brey, D.O. Rías Baixas) obtivo a medalla de prata na cuarta edición do Concurso de Mellores Viños Españois en Asia, que tivo lugar en Hong Kong, organizado pola asociación internacional de sumilleres e a asociación de sumilleres de Hong Kong.

Os viños participantes sometéronse primeiro a unha cata cega e, no segundo día do concurso, a unha cata acompañando pratos de cociña cantonesa. Todos os catadores son asiáticos, fundamentalmente profesionais do sector (80 por cento) así como afeccionados e prensa especializada.

Castro Brey é unha peculiar adega da D.O. Rías Baixas, xa que se atopa no interior de Galicia, no concello de Vila de Cruces, moi preto de Santiago de Compostela, nas ribeiras do río Ulla.

Comparte...