Sin Palabras 2013, viño excelente para a Guía Vivir el Vino

Sin Palabras 2013, viño excelente para a Guía Vivir el Vino

Adegas CastroBrey e un dos seus produtos insignia, Sin Palabras 2013, volven estar de noraboa. Tras un intenso ano de recoñecementos, logran agora 92/100, cualificación de viño excelente, na Guía Vivir  el Vino dos mellores 365 viños españois do 2016, e entrar no ranking dos 16 mellores Rías Baixas desta edición.

A Guía Vivir o Viño lanzaba hai 15 anos  a única guía do mercado que propoñía un viño diferente para cada día do ano, e cuxo “leit motiv” foi o descubrir os 365 mellores viños de España. A selección 2017, liderada polo catador Raúl Serrano,  elixiuse tras probar máis de 1.500 referencias en cata a cegas,  ata chegar aos 365 mellores.

Comparte...