Solal Gourmet introduce as súas marmeladas en Alemaña

Solal Gourmet introduce as súas marmeladas en Alemaña

As marmeladas e confeituras  Solal comezan a súa internacionalización co mercado alemán.

A empresa, con obradoiro en Betanzos, conta cunha gama de máis de 20 combinacións de sabores para as súas confeituras e marmeladas (figo, limón, pera, laranxa, canela…). Aposta, nas súas palabras, “por coidar ao máximo a selección de materias primas, autóctonas e de tempada, a produción, o envasado e a comercialización cun packaging de deseño innovador,”.

Solal naceu en 2011. Ata o momento expandiuse a través da venda en espazos gastrónomo de toda España, se ben os seus produtos tamén se poden comprar directamente na súa web.

Comparte...