Sole Giménez e Teo Cardalda cerran os concertos de xullo dos Xoves de Códax

Sole Giménez e Teo Cardalda cerran os concertos de xullo dos Xoves de Códax

As voces de Sole Giménez e Teo Cardalda porán fin aos concertos do mes de xullo dos Xoves de Códax

Trátase dun dos concertos máis esperados do ciclo, para o cal se esgotaron as entradas en menos dunha semana desde a súa posta á venda.

Os beneficios obtidos coas mesmas, nesta ocasión, irán destinados a Cogami, a federación de asociacións de persoas con discapacidade, cuxa misión é conseguir a total inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.

Sobre Os Xoves de Códax

Os Xoves de Códax é un ciclo de oito concertos de artistas galegos valorados que permitirán “descubrir aos asistentes novas formas de sentir e vivir o viños de Bodegas Martín Códax”. Estas tardes de música e viño teñen lugar os xoves de xullo e agosto na terraza da bodega a partir das 20.30 horas, cunha duración aproximada dunha hora.

Comparte...