Solla aterra en Valencia apostando polo concepto de mercado

Solla aterra en Valencia apostando polo concepto de mercado

O chef galego Pepe Solla inaugura Atlántico Casa de Petiscos en Valencia, na Praza Porta da Mar 4. O concepto do novo local do cociñeiro Estrela Michelin baséase nunha cociña de calidade e raíces, nun formato próximo e informal, onde poder compartir.

A carta do restaurante inclúe pratos como zamburiñas en salsa agridoce pemento e algas, aguachile de polbo, tartar de vaca galega con queixo de ovella ou bao de jarrete, queixo azul e endivia. O menú variará a diario, segundo a tempada e os produtos frescos dispoñ
ibles no mercado.

O mobiliario de Casa de Petiscos, composto principalmente por taburetes e mesas altas e barras, favorece a experiencia que busca Solla para o seu novo local: “un mercado galego no centro de Valencia creado para vivir e contar, en continuo movemento”.

Comparte...