O MELLOR SUMILLER DE GALICIA ELÍXESE O LUNS

O MELLOR SUMILLER DE GALICIA ELÍXESE O LUNS

O Mellor Catador de Galicia, que representará á comunidade no Campionato Nacional de Catadores Custodio López Zamarra, será o gañador do Campionato de Catadores de Galicia Ganímedes 2012, que terá lugar o 17 de decembro no CIFP Paseo das Pontes, na Coruña. Os participantes serán profesionais que desenvolven a súa actividade en Galicia, tanto en establecementos de hostalaría como en tendas especializadas en viño.

O concurso constará de dúas fases, con probas escritas e prácticas, entre as que estarán a corrección dunha carta de viños errónea, a proba de harmonías, a decantación ou o correcto servizo e cata dun cava. Estas probas estarán acompañadas, ademais, por unha cata de augardentes de Galicia, que dará lugar a un premio especial á mellor cata; unha cata de viño de Xerez, que tamén terá premio e outra dun viño especial do Ribeiro, tamén con galardón.

Mercedes González, presidenta da Asociación de Catadores de Galicia Gallaecia e responsable do evento indicou que “para esta edición recuperamos o formato orixinal do Ganímedes, con máis probas e máis premios”.

Comparte...