Taller formativo no EFA Piñeiral de Arzúa sobre Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Taller formativo no EFA Piñeiral de Arzúa sobre Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Continuando co seu programa formativo e promocional, o Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia estivo no EFA Piñeiral de Arzúa para impartir un seminario formativo. Nel degustáronse catro Augardentes de Galicia elaborados con base de diferente variedade de uva. A sesión, que foi conducida pola enóloga Sonia Otero, contou coa asistencia de 25 alumnos.

A esta cita tamén acudiu a secretaria do Consello Regulador, Carmen Otero, quen agradeceu ao equipo docente da EFA Piñeiral a súa colaboración á hora de desenvolver esta actividade. Sobre a mesma, Beatriz Sotelo indicou que “este taller formativo resultou moi positivo para o alumnado. Con el aprenderon a diferenciar os produtos de calidade e que deben fixarse sempre se o destilado leva contraetiqueta”. Ademais, valorou que a través desta sesión “tamén aprenderon a catar augardentes, utilizando a copa específica para iso, e agora saben a que temperatura deben consumirse”.

Pola súa banda, Sonia Otero mostrouse moi satisfeita pola atención mostrada por parte do alumnado da EFA Piñeiral. “Para o Consello Regulador resulta fundamental realizar actividades formativas deste tipo, xa que os mozos son os futuros prescriptores dos nosos produtos. Debemos aprenderlles como distinguilos e que valoren a importancia de consumir destilados con etiqueta, e non os mal chamados caseiros”, concluíu. Sonia Otero, ademais, fixo fincapé na importancia de consumir e utilizar destilados debidamente etiquetados e lembrou que “os únicos augardentes e licores 100% galegos son os amparados por algunha das catro Indicacións Xeográficas do Consello Regulador”.

Maridaxes coa repostaría

Por outra parte, a enóloga aproveitou para poñer de manifesto a versatilidade dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia na repostaría. Neste sentido, mencionáronse accións promocionais como as maridaxes levadas a cabo cos produtos da Asociación de Repostaría Tradicional de Melide Melide Terra Doce. En ditos talleres ofrecéronse diversas maridaxes tanto dos propios produtos amparados como de cócteles con Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia en combinación cos melindres, ricos e amendoados, sobradamente coñecidos nas comarcas melidense e arzuana.

Comparte...