Nova oportunidade para probar as mellores tapas do concurso de tapas de Lugo

Nova oportunidade para probar as mellores tapas do concurso de tapas de Lugo

Estas xornadas gastronómicas servirán para determinar os gañadores na maioría das categorías

Desde o xoves 6 e ata o domingo 10 de novembro, os dez establecementos hostaleiros máis votados polo público do 10.º Concurso de Tapas de LugoPaprica, Restaurante España, Campos, El Riba, Casa D’Auga, Verruga, Canela Bakery Coffee, Arrocería Os Cachivaches, As Tapiñas e Segredo– ofrecerán de novo as súas propostas culinarias en horario de 13.00 a 15.30 e de 20.00 a 22.30 horas.

Ao longo desas xornadas os locais han recibir a visita do xurado que determinará as tapas gañadoras nas categorías de mellor tapa creativa, mellor tapa tradicional e mellor maridaxe con viño da denominación de orixe Ribeira Sacra.

Desta vez os clientes non van votar pero, a través de cupóns, entrarán no sorteo de varios agasallos, coma unha fin de semana nun hotel con encanto gastronómico, rutas en catamarán, ceas en restaurantes ou lotes de viño da Ribeira Sacra.

galicia-concurso-tapas

Comparte...