Santiago(é)Tapas recibe as tapas e á gastronomía dos concellos da Área de Santiago

Santiago(é)Tapas recibe as tapas e á gastronomía dos concellos da Área de Santiago

O concurso gastronómico de Santiago, que presta unha atención especial aos produtos gastronómicos galegos de calidade, ofrece o xoves 19 unha xornada especial con tapas convidadas

Gañadores de distintos certames de petiscos da bisbarra acudirán por un día coma convidados a locais que toman parte no Santiago(é)Tapas 2015 e ofrecerán as súas creacións.

Argentinos Burguer (A Estrada), gañador do Santas Tapas 2013, estará en A Moa.

Cervexería O Vikingo de Lestedo (Boqueixón), gañador da Ruta das Tapas 2014, será o convidado en Artesana.

Bodegón A Cunca (Lalín), Premio Especial do Xurado no Deztápate 2015, acudirá ao Castelao.

Casa Estilo (Melide), Primeiro Premio do Melide de Tapas 2015, irá ao Bocalino.

Restaurante A Magdalena (O Pino) será o convidado no Garum.

Século XX Café (Padrón), gañador do Saborea Padrón 2015, estará en La Bodeguilla de San Roque.

Casa de Xantar A Culler (Silleda) irá a O Afiador.

Casa Barreiro (Vedra), gañador do Vedra de Tapas 2015, estará en O Catro.

Casa Don Din (Vila de Cruces) acudirá a O Ferro.

Con esta acción quérense poñer en valor a gastronomía e restauración da contorna, vinculando os concursos de tapas dos arredores ao de Santiago, e dándolles así maior visibilidade e atraendo público de uns cara os outros.

Esta iniciativa está impulsada por Área Santiago(www.areasantiago.es)

Unha das novidades desta edición do Santiago(é)Tapas é a importancia que se lle quere prestar aos produtos galegos de calidade, con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Todas as tapas deben contar con algún deles entre os seus ingredientes.

Ademais, Coca Cola Iberian Partners auspicia un concurso de fotografía con premios directos ás imaxes con máis chispa, máis simpática e máis creativa.

Para participar, os concursantes deberán facer unha fotografía na que apareza calquera das 4 botellas de Coca Cola “Contour” (Normal, Zero, Light ou Zero-Zero) aberta, xunto a un dos petiscos participantes no Santiago(é)Tapas.

A imaxe deberá ser compartida a través das redes sociais: Instagram, Twitter ou na páxina oficial do concurso en Facebook (fb.com/santiagoetapas). É imprescindible incluír na publicación a etiqueta #santiagoetapas2015 xunto a @ZonaCocaCola e o nome do establecemento no que se efectúa o consumo.

Premios do Santiago(é)Tapas 2015

 Nove son os galardóns que se entregarán na oitava edición do Santiago(é)Tapas.

O gañador do Premio do Xurado á mellor tapa recibirá un diploma e 500 euros.

Os visitantes aos locais determinarán cos seus votos os tres premiados na categoría de Tapa do Público ´15, que contan con diploma e contías de 1.000, 800 e 500 euros; o premio (É)xcelente 2015 ao mellor servizo e experiencia global, dotado con 500 euros e diploma; e máis o premio á “Tapa con máis chispa”, creación máis simpática e orixinal, promovido por Coca Cola Iberian Partners e que ten de premio 30 caixas de produto.

Nesta edición do Santiago(é)Tapas tamén hai tres galardóns ás creacións que mellor maridan con cervexa, promovidos dende Estrella Galicia. O Premio do Xurado á tapa que mellor marida con cervexa conta con 500 euros en produto e diploma; o Primeiro e o Segundo Premio do Público á tapa que mellor marida con cervexa levarán  diploma e 100 euros en produto.

Comparte...