XA CHEGA “VAI DE TAPAS”, EN NOIA

XA CHEGA “VAI DE TAPAS”, EN NOIA

Esta fin de semana, do 30 de novembro ao 2 de decembro, Noia acolle o seu certame de tapas, como avanzamos en BenBo hai algunhas semanas.

Vai de Tapas contará finalmente con 13 establecementos da localidade que ofrecerán un total de 22 creacións a un prezo de 1,50 euros.

O cliente será o encargado de escoller o gañador final, a través das súas votacións nas fichas que lles entregarán no propio local participante.

Os participantes son: Casa Mar da Vila, Tapería La Parra, Casa Boto, Cervecería Equs, Cervecería Solpor, Tasca Típica, Restaurante Saiñeiro, Restaurante Ferrador, Irish Pub Mc’Cool, Cafetería News, Babilonia, Perla II y Restaurante Asador Tío Manolo.

Unha exhibición na Praza de Abastos da vila ás 19:30 horas, con receitas baseadas no berberecho, servirá como punto de partida o venres 30. Estarán Francisco Piñeiro, premio nacional de Gastronomía; Mark Wernick, do Parador de Baiona; Miguel Mosteiro, cociñeiro especialista en feiras e congresos; Manel Oliveira, de Mar da Vila; e Manuel García, de Retiro da Costiña.

O berberecho será protagonista de moitas tapas e os viños e licores de Habelas Hailas, empresa de Noia, apoian o certame.

Comparte...