Taste Galicia, gastronomía galega en Washington

Taste Galicia, gastronomía galega en Washington

A cata e cea degustación Taste Galicia que se levou a cabo no restaurante “Brasserie Beck” by Robert Weidmaier serviu coma “punta de lanza” para os produtos gastronómicos galegos en Washington D.C, que serán obxecto dunha campaña específica de promoción na cidade durante todo o mes.

Na cata participaron 18 adegas con 25 marcas de viños galegos das 5 denominacións, ademais dos licores, vodkas e xenebras da marca Entropia, de Ourense. Os viños entrarán na carta do restaurante.

O menú da cea incluíu castañas, polbo, mexillóns, queixos do país, marmelo, aceite de oliva, galletas ecolóxicas Daveiga e conservas Chanquete de pemento de piquillo recheos.

Na xornada incluíronse vídeos turísticos galegos e a presentación da revista en inglés Taste Galicia.

Comparte...