Tempo de Vendima. Actividades na Ruta do Viño Rías Baixas

Tempo de Vendima. Actividades na Ruta do Viño Rías Baixas

A Ruta do Viño Rías Baixas preparou un amplo catálogo de actividades especiais con motivo da vendima. Trátase de Tempo de Vendima.

Os visitantes poderán gozar de máis dunha ducia de actividades exclusivas e participar nas faenas de vendima, beneficiarse de ofertas especiais de aloxamentos ou saborear menús específicos.

Os seus apartados son sete: Vive a Vendima, Sinte a Vendima, Sabores de Vendima, Escapadas de Vendima, Camiñando entre Viñedos e Ruta BBT- Ribeira do Ulla.

Esta iniciativa súmase ao resto de actividades en marcha como o Bus do Viño, que continuará a súa andaina ata o 26 de outubro. Cada sábado, 25 persoas terán a posibilidade de desprazarse para coñecer tres adegas desta Ruta, ademais de ter tempo para coñecer os recursos patrimoniais do casco histórico de Cambados ou de Salvaterra de Miño.

Programa Tempo de Vendima Ruta Rías Baixas

Comparte...