A Tenreira Galega ten un embaixador de ouro

A Tenreira Galega ten un embaixador de ouro

A Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega pon en marcha a súa nova campaña promocional con un embaixador de ouro: o ferrolán Javier Gómez Noya, número uno do triatlón en todo o mundo. O Consello Regulador das IGPs de Carne de Vacún de Galicia, que integra a Tenreira Galega, Vaca e Boi de Galicia, destaca a aposta polo deportista por representar os valores do traballo, a competitividade e a perseveranza, tan arraigados na orixe, filosofía e misión de ambas as partes.

O triatleta, cinco veces campión mundial, levará a mensaxe de cabeceira da IGP, Tenreira Galega para unha alimentación sá e equilibrada, a diferentes públicos de toda Galicia: pequenos, adolescentes, deportistas e consumidores que apostan por alimentos con garantías e calidade certificada, a través de diversas accións de divulgación e promoción. A campaña, que arrincou o pasado 3 de febreiro, difundirase a través dos medios online da IGP (web e redes sociais) e medios tradicionais.

A alianza de dúas marcas gañadoras

“A aposta pola alimentación sa e equilibrada, grazas a un produto de máxima calidade; polo deporte e polos hábitos de vida saudables, é unha constante no programa de Responsabilidade Social Corporativa das IGP de Carne de Vacún de Galicia”, en palabras do seu presidente, Jesús González Vázquez. Valores que este atribúe ao triatleta galego e ás súas rutinas diarias de traballo, “marcadas pola valentía, a tenacidade, a competitividade e o sacrificio”. Javier Gómez Noya subliña que esta colaboración contribúe a enxalzar a súa figura e hónrao “como embaixador dunha marca de calidade e gran prestixio”.

Deporte como vida

O currículo do ferrolán Francisco Javier Gómez Noya, nacido en Suíza hai 35 anos, está marcado polo deporte de élite na modalidade de triatlón. Cinco veces campión mundial, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, a primeira medalla olímpica para o tríatlon español, e catro veces campión de Europa. Pola súa exitosa carreira recibiu numerosos premios entre os que destacan o Premio Princesa de Asturias dos Deportes en 2016, concedido segundo o xurado “ademais de por o seu brillante palmarés, polos valores do esforzo e perseveranza ante a adversidade, demostrar unha enorme fortaleza e un envexable espírito de superación en toda a súa carreira”.

Comparte...