Terras Gauda segue sumando presenza internacional

Terras Gauda segue sumando presenza internacional

Os distintos viños de Adegas Terras Gauda seguen sumando presenza internacional.

Copa Airlines, aeroliña con base en Panamá, incluíu Abadía de San Campio na carta de viños para a clase executiva. Trátase dunha firma que dispón de numerosas rutas entre países de Latinoamérica e Estados Unidos, mercado estratéxico para a adega do Rosal.

Ese monovarietal albariño tamén foi seleccionado polos establecementos Hakkassan de Londres (unha Estrela Michelín dende 2003). Tamén se serve eno considerado como mellor vexetariano de Estados Unidos por The New York Times: GreenZebra (Chicago).

Pola súa parte, The Harbour Club de Amsterdam, A Haia e Rotterdam escolleron o viño Terras Gauda para o seu catálogo, tamén entrou na carta do restaurante de Martín Berasategui en Shangai.

En Brno (República Checa) están dispoñibles Terras Gauda e La Mar no Pavillon Restaurant.

A firma Terras Gauda está presente na actualidade en máis de 50 mercados internacionais, destacando o seu posicionamento en Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, México, Noruega, Alemaña e Holanda.

Comparte...