Tres Rías Baixas de Terras Gauda na carta dos restaurante cataríes de Gordom Ramsay

Tres Rías Baixas de Terras Gauda na carta dos restaurante cataríes de Gordom Ramsay

Terras Gauda, Abadía de San Campio e La Mar (D.O. Rías Baixas), viños de Bodegas Terras Gauda están xa na oferta de adega dos restaurantes que posúe no hotel St Regis, en Qatar, o chef británico Gordon Ramsay, autor do coñecido programa de televisión Pesadelo na cociña e de varios libros.

Abadía de San Campio tamén se sumou á carta do restaurante dun dos museos máis importantes de Estados Unidos, The Art Institute of Chicago, segundo informa a adega.

Estados Unidos é un dos mercados internacionais de referencia para a adega, que consolidou o seu posicionamento neste país durante o 2012, exercicio no que tamén reforzou a súa presenza noutros mercados estratéxicos: Canadá, Reino Unido, México, Noruega e Holanda; e comezou a exportar a Austria, Romanía e Uruguai.

Comparte...