The Wine Advocate fíxase nos viños dos Colleiteiros do Ribeiro

The Wine Advocate fíxase nos viños dos Colleiteiros do Ribeiro

Luis Gutiérrez, catador para a Revista The Wine Advocate que outorga os famosos puntos da Guía Parker, catou 67 viños de Colleiteiro de Ribeiro, un 30% máis que na súa última visita á zona do Ribeiro, hai só 15 meses.

A súa visita ás instalacións da Asociación de Colleiteiros e Embotelladores do Ribeiro, ubicada no Parque Náutico de Castrelo de Miño, e o elevado número de viños que catou, son unha proba máis de que a potente campaña de internacionalización que os Colleiteiros emprenderon está tendo resultados. Dos 41 membros que forman a asociación, a metade xa se encontra actualmente exportando a máis de 27 países de todo o mundo.

Segundo afirman desde a asociacion, ao catador Luis Gutiérrez “lle segue gostando moito o proxecto dos Colleiteiros e sempre se mostra encantado de catar e descubrir o potencial dos viños das novas adegas”. O colectivo apunta como prueba diso a reseña que fizo onte nas súas redes sociais, Luis Gutierrez sobre o Son de Arrieiro tinto.

Desde a asociación, agradecen unha vez máis a súa visita e o seu apoio ao proxecto “e agardamos a súa próxima visita” que será a finais de 2018 ou principios do 2019.

Comparte...