Torre de Núñez prepárase para vender en Brasil e Xapón

Torre de Núñez prepárase para vender en Brasil e Xapón

Torre de Núñez acaba de obter os certificados necesarios para comezar o proceso de expansión aos mercados de Brasil e Xapón, mercados que a empresa considera estratéxicos e nos que ten previsto ter presenza durante este ano. Para a obtención dos permisos de exportación a Brasil e Xapón foi necesaria a homologación das súas instalacións para cumprir cos estritos requisitos sanitarios requiridos polos devanditos países.

Tras máis de 40 anos dedicados á elaboración de produtos cárnicos, Torre de Nuñez encóntrase inmersa actualmente nun importante proceso de internacionalización co obxectivo de que as vendas no exterior representen polo menos o 10% da facturación total en 2014.

Coa creación do departamento de exportación durante o exercicio 2011, a compañía aumentou notablemente a súa presenza no estranxeiro, onde actualmente xa se poden encontrar os seus produtos en Guatemala, Cuba, Panamá, Alemaña, Reino Unido, Francia, Dinamarca, Suecia, Bélxica e Portugal.

Outros mercados obxectivo a curto prazo para Torre de Núñez son Finlandia, Bélxica, Suíza e Noruega, onde actualmente xa se encontra en negociacións despois de levar a cabo varias misións comerciais, visitas a feiras e workshops co fin de promover os seus produtos e buscar socios comerciais para a súa distribución, sempre baixo a firma Torre de Nuñez, xa que a empresa ten claro a importancia de crear unha marca que transmita confianza e calidade ao consumidor.

Comparte...