Trabada celebra este domingo a I Festa Gastronómica da Enfariñada

Trabada celebra este domingo a I Festa Gastronómica da Enfariñada

Este domingo día 6 de maio, o Concello de Trabada celebrará a I Festa Gastronómica da Enfariñada. Trátase dunha cita de carácter gastro-cultural que pretende exaltar a tradicional “ enfariñada”, un prato tradicional de Trabada, elaborado con fariña de trigo, ovos, auga, leite, cortizas e sal.

O centro do evento serán, por suposto, as “ enfariñadas” que poderán degustar os asistentes que se acheguen á festa. O inicio do evento será ás 12 da mañá con seis postos de artesanía e cunha demostración de cestería. Ademais a Festa Gastronómica da Enfariñada contará con diferentes actuacións musicais, que farán amena a degustación deste prato típico.

Comparte...