Tres Viajeros, novos quesos D.O.P. Tetilla e D.O.P. Arzúa Ulloa desde Melide

Tres Viajeros, novos quesos D.O.P. Tetilla e D.O.P. Arzúa Ulloa desde Melide

Unha nova marca de queixos D.O.P. Tetilla e D.O.P. Arzúa Ulloa sumouse ao mercado

A marca DairyLac presentou publicamente os seus queixos Tres Viajeros, que se suman así aos seus distintos produtos para canles horeca e retail, como manteiga, nata, queixo crema ou leite fresca pasteurizada.

A marca, evidentemente, conecta co Camiño de Santiago. Tres viajeros conta con queixos amparados polas denominacións de orixe protexidas Tetilla e Arzúa Ulloa.

Desde a firma sinalan que queren “intensificar a súa aposta por ofrecer valor engadido ao sector lácteo galego”

DairyLac é unha compañía 100% galega, con sede en Melide, liderada principalmente polas cooperativas ICOS, Aira, Agris e Codeira e a Xunta de Galicia.

No 2018 fusionaranse ICOS, Aira e Agris nunha cooperativa de primeiro grao.

Comparte...