O servizo responsable de bebidas alcólicas, protagonista do programa “Ti serves, ti decides”

O servizo responsable de bebidas alcólicas, protagonista do programa “Ti serves, ti decides”

Con Ti Serves, Ti Decides quere favorecerse un servizo responsable de bebidas alcólicas

O curso para formadores do programa “Ti Serves, Ti Decides”, reuniu en Santiago a vinte técnicos de prevención de condutas adictivas de concellos e asociacións galegas.

A cita estivo organizada pola Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE) e o Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.

O obxectivo declarado desta cita que durou tres días foi proporcionar a estes técnicos de prevención de condutas adictivas habilidades e coñecementos específicos para impartires o obradoiro de servizo responsable homónimo “Ti Serves, Ti Decides”, destinado a estudantes e profesionais de hostalería.

Quere fomentarse un servizo responsable de bebidas alcólicas á poboación adulta e o consumo cero en colectivos específicos coma os menores de idade, as mulleres embarazadas ou os condutores.

Tú Sirves, Tú Decides (www.servicioresponsable.com) é un programa que se enmarca dentro dun plan integral co propósito de mellorar da calidade do lecer nocturno, así como a creación doutros proxectos destinados a solucionar os problemas específicos de cada localidade respecto ao consumo indebido de alcol.

No programa “Ti Serves, Ti Decides” xa participaron a nivel estatal máis de 1.800 alumnos procedentes de 8 escolas de hostalería e profesionais da hostalería de 80 empresas privadas.

Comparte...