A D.O. Monterrei promove un Túnel do Viño e unha cata comentada no Agro + Verín

A D.O. Monterrei promove un Túnel do Viño e unha cata comentada no Agro + Verín

A D.O. Monterrei participará na Feira Agro-Tecnolóxica de Alimentación Agro +Verín, que terá lugar este fin de semana no pabellón municipal de deportes de Verín

Nesta ocasión, o C.R.D.O. Monterrei promoverá un Túnel do Viño, no que estarán presentes viños de 17 das 26 bodegas que conforman esta denominación de orixe.

Neste espazo, os asistentes poderán coñecer e degustar viños da D.O. Monterrei. O horario de funcionamiento deste Túnel será de 12 a 14 e de 18 a 20.30 horas, e para entrar no mismo será necesario adquirir unha copa e un ticket de entrada ao Túnel (copa a dous euros e ticket por un valor de cinco euros).

As adegas que estarán presentes nesta iniciativa son: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Luis Gómez, José Antonio Da Silva, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez, Boo Rivero, O Cabildo, Manuel Guerra Justo, Concepción Paradela, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar e Trasdovento.

Por outro lado, na xornada do domingo ás 12 horas, o director técnico do Consello Regulador realizará unha cata comentada de viños da denominación.

“O obxectivo é continuar as accións de promoción iniciadas en xaneiro”, indica a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, “ademais de ofrecerlle a oportunidade, a noso consumidor máis achegado, de degustar nosos viños nunha das festas máis emblemáticas da comarca”.

Comparte...