El Grupo Nove agrupa al mayor número de restaurantes premiados

Turismo de Galicia e os chefs do Grupo Nove promoven a cociña galega en Barcelona

Os 20 integrantes do Grupo Nove, entre os que se encontran algunhas das principais figuras da escea culinaria internacional, aglutinando a oito estrelas Michelin e dous campións de España de cociñeiros, participaron onte nun Showcooking en Barcelona. O obxectivo desta acción é reivindicar a gastronomía galega nun dos principais mercados emisores de turismo e un destino de primeira magnitude.

Durante dúas horas, os asistentes puideron saborear a orixe do grupo, a filosofía que o define e a importancia que dan á innovación, sempre respectando o produto de excelente calidade que se obtén na terra e o mar galegos. Os cociñeiros elaboraron a tempo real e ante un auditorio de 250 persoas máis de 5.000 porcións das súas creacións máis innovadoras, un total de 20 propostas doce e salgadas creadas expresamente para este Showcooking, que contou co patrocinio de Adegas Martín Códax, Cabreiroá, Cruzcampo Gran Reserva, Cafeneto, e o apoio e colaboración da Axencia de Turismo de Galicia.

Entre outros pratos, os asistentes puideron degustar raviolis de tenreira galega con allo asado e pistachos; vieiras con cabaciña, perlas de soia e miolos crocantes; brandada de bacallau con allada; cremoso de congro con areas da praia e follas da marea; anguías do Ulla; canelóns de galiña Piñeira ou lacón con grelos.

Durante o acto a directora de Promoción de Turismo de Galicia resaltou que a innovación unida ás raíces da cociña galega está revolucionando o mercado da gastronomía. “Nos restaurantes galegos pódense vivir experiencias sen igual, constrúense emocións de felicidade que converten ao feito de saborear un prato nun momento único e inigualable”, explicou Carmen Pita.

Comparte...