Profesionais alemáns do turismo achéganse a Galicia para coñecer a súa gastronomía e os seus viños

Profesionais alemáns do turismo achéganse a Galicia para coñecer a súa gastronomía e os seus viños

Serán sete os operadores turísticos de Alemaña, especialistas na organización de viaxes relacionados coa gastronomía, que veñan a Galicia

Entre o 21 e 24 de maio sete profesionais turísticos alemáns especializados na organización de viaxes relacionados coa gastronomía virán a Galicia para coñecer a súa oferta gastronómica e de viños.

Son representantes dos operadores Studiosus Reisen, Bayerisches Pilgerbüro Studienreisen GmbH, One World Travel & Incentive, Andiamo GmbH, Lernidee Reisen GmbH, Abanico – individuell Reisen e Windrose Finest Travel GmbH.

O mercado de abastos de Santiago, cun almorzo a base tapas elaboradas con produtos galegos; a Ruta da Camelia; a Costa da Morte; os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas nunha visita a Ribadumia; a Ría de Arousa e os seus mexillóns; ou a cidade da Coruña van ser parte do seu itinerario.

Ademais, os axentes de turismo  manterán unha xuntanza de traballo cos principais axentes turísticos galegos.

Cómpre apuntar que o mercado alemán é o segundo mercado internacional máis importante do país, ao representar no 2014 o 12% do total dos turistas estranxeiros que se aloxaron en Galicia; no que levamos de 2015 aumentaron un 32,2% o número de turistas alemáns que viñeron a Galicia.

Turismo de Galicia organiza este evento, en colaboración con la Oficina de Turismo de España en Berlín.

Comparte...