Luis Veira en Degustta Coruña

Última xornada de Degustta Coruña coa participación de Chechu Rey

As xornadas gastronómicas Degustta Coruña pechan este sábado 31 o seu programa, que encheu de actividades o Mercado Municipal da Praza de Lugo durante 3 fins de semana consecutivos. A última cita será mañá e contará coa presenza do chef de La Gastroteca, do Hotel Hesperia A Coruña, Chechu Rey. Os asistentes tamén poderán aprender e descubrir novos proxectos da cidade como Endulze ou a pastelaría especializada en produtos sen glute Celicatessen.

10:30 – 11:30 Regalar mercado con Endulze: como decorar produtos de mercado para regalar?.

10:00 – 12:30 Cociña vexetariana con Thermomix.

11:00 – 13:00 Saúde, deporte e Gastroteca con Gastroteca e No Sport Limit: Como combinar gastronomía e deporte?.

13:00 – 14:00 Repostaría creativa sen glute con Celicatessen.

13:45 – 14:45 Iniciación á coctelería con Mik CocKtails.

Todos os talleres serán gratuítos ata completar aforamento. Toda a información xa está dispoñible na web www.degustta.es

Comparte...