Un día de Abril, da man de Aceites Abril

Un día de Abril, da man de Aceites Abril

Aceites Abril organizou en Santiago de Compostela a xornada gastronómica “Un día de Abril” na que os cociñeiros Miguel Mosteiro e Dani Guzmán amosaron as características e calidades do produto. A cita foi no Hotel Monumento San Francisco.

Dani Guzmán, responsable de Nova Restaurante (Ourense), dirixiu unha cata comentada de tres aceites: “Gotas de Abril”, aceite de oliva que Aceites Abril produce para o mercado gastrónomo; e dous monovarietaiss: arbequina e picual.

Miguel Mosteiro ensinou dun modo práctico os usos culinarios do aceite en frío en dous pratos: tartar de aguacate, tomate raf e berberecho natural de Cambados acompañado de aceite de arbequina; e un carpacho de camarón con cítricos e maridado con Gotas de Abril.

A xornada tivo un amplo seguimento por Internet e as redes sociais.

Comparte...