Un documental turístico da Ribeira Sacra presente en dous festivais de cinema de Turismo dos Balcanes

Un documental turístico da Ribeira Sacra presente en dous festivais de cinema de Turismo dos Balcanes

O documental turístico da Ribeira Sacra “Cando foi a última vez que che contaron un conto?” da produtora Némesis Creacións, foi seleccionado para participar en Selección Oficial competitiva no Zagreb TourFilm Festival, o Festival Internacional de Cinema de Turismo que se celebra na capital croata do 21 ao 24 de setembro. A peza tamén é finalista do Silafest de Serbia, onde se proxectará para os asistentes ao festival. Ambos os certames teñen como obxectivo a promoción do destino turístico e forman parte do circuíto de encontros do Comité Internacional de Festivais de Filmes Turísticos.

O documental turístico realizado para o Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra percorre os principais recursos turísticos de Ribeira Sacra desde unha visión moi persoal, ofrecendo visualmente novas perspectivas do territorio e cunha narración máis poética que informativa.

Comparte...